O alcalde eloxia a tradicional figura de chocolate de pascua que elabora a panadería El Trigal
Os responsables da tradicional figura de Pascua da panadería El Trigal rende este ano homenaxe aos emigrantes que deixaban en Galicia o corazón, recreando á escultura de Bruno Catalano, Le Grand Van Gogh. Caballero aproveitou hoxe mércores a visita para felicitar a todo Vigo estes días de vacacións.
O rexedor visitou hoxe mércores á panadería El Trigal para coñecer de cerca a tradicional figura de chocolate, a mona de Pascua que este ano, baixo unha recreación da escultura de Bruno Catalano, Le Grand Van Gogh, rende homenaxe aos emigrantes que deixaban en Galicia o seu corazón.
Durante a súa intervención, referiuse á gala de Vigueses Distinguidos que se desenvolverá esta tarde no Centro Cultural Novacaixagalicia para entregarlle a Medalla da Cidade á Xunta Local de Vigo da Asociación Española contra o cáncer. Asimesmo, Carlos Oroza (poeta); Antonio Romero Lorenzo (juez); Gumersindo Espiña Campos (otorrino); o Colexio Compañía de María (Colegio de la Enseñanza); Antón Piñeiro Lorenzo; a Favec e, por último, a Sociedade Deportiva Atlántida de Matamá, serán Vigueses Distinguidos.
Descargar todas as imaxes