O alcalde reclama da Xunta que invista en cultura de acordo á "poboación de cada lugar de Galicia"
Tras o acordo do Parlamento de Galicia para paralizar a construción dos dous últimos edificios da Cidade da Cultura de Santiago, Abel Caballero sumouse hoxe mércores á decisión parlamentaria e reclamou á Xunta de Galicia que adique os fondos para a cultura "de acordo á poboación de cada lugar de Galicia".
Abel Caballero, quen anunciou a presentación dunha moción plenaria sobre esta cuestión, sumouse hoxe mércores á decisión parlamentaria de "paralización definitiva" e non construción dos dous edificios pendentes na Cidade da Cultura, tras o que lamentou que esta chegue "con dez anos de retraso", pois a súa construción foi "un grave erro que toda Galicia está pagando".
Para o alcalde de Vigo é un "grave erro" pensar que a cultura ten que facerse desde un único punto, neste caso Santiago de Compostela, posición que responde a unha visión "caduca". Caballero solicitou que o gasto da Xunta en materia cultural sexa acorde a unha cidade de 300.000 habitantes e unha área de medio millón de persoas.
Descargar todas as imaxes