mércores, 27 mar 2013
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, presentaron este mércores a programación para abril e maio no Auditorio Municipal, 18 espectáculos musicais, teatrais e de danza para todos os públicos e con prezos máximos de 7 euros.
mércores, 27 mar 2013
Os responsables da tradicional figura de Pascua da panadería El Trigal rende este ano homenaxe aos emigrantes que deixaban en Galicia o corazón, recreando á escultura de Bruno Catalano, Le Grand Van Gogh. Caballero aproveitou hoxe mércores a visita para felicitar a todo Vigo estes días de vacacións.
mércores, 27 mar 2013
O alcade, Abel Caballero, entregará a medalla da cidade de Vigo á Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) nun acto que terá lugar o mércores 27 ás 20 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia.<br />
<br />
mércores, 27 mar 2013
Este domingo 31 de marzo clausúrase nas salas da planta baixa do MARCO a exposición ‘A BALEA NEGRA’, a mostra conmemorativa do seu 10º Aniversario. Un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra.
mércores, 27 mar 2013
Normalización Linguística programa para o sábado 6 de abril a actividade "No Vigo de Rosalía. Vigo capital do Rexurdimento" as 12:15 h no Paseo de Afonso XII. A actividade consiste unha camiñada polo Casco Vello para descubrir o Vigo de Rosalía: o Vigo mariñeiro, o Vigo provincia... a influencia da familia Chao...