Escoitar

Xunta de Goberno Local

mércores, 27 mar 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 2 DE ABRIL DE 2013.


1.- Acta da sesión ordinaria do 15 de marzo de 2013.

ADMÓN. TRIBUTOS
2.- Dar conta da resolución da Concelleira de Economía e Facenda de aprobación do Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. Expte. 43123/511.

ALCALDÍA
3.- Dar conta da resolución do Excmo. Alcalde sobre modificación das funcións de asistencia xurídica e técnica encomendadas ao Secretario de Admón. Municipal.

ASESORÍA XURÍDICA
4.- Dar conta de Sentencias e Autos:

a) Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 281/2012 P.A. Demandante: GENERALI, S.A e outro. Obxecto: Desestimación "presunta". Reclamación patrimonial, accidente automóbil 9-10-2010 en Beiramar (Expte.: 3393/243). Declara rematado o procedemento (por satisfacción extraprocesual entre os actores e a concesionaria).

b) Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 87/2010 P.O. Demandante: FRUTAS NIEVES, S.L. Obxecto: Resolución do TE-A do Concello de Vigo do 26-8-2008 e 20-8-2009. Liquidación taxa lixo 2008/2009, e indirecto art. 5 da O.F nº 16 (Expte.: 1900/550, 931/550). Declara rematado o procedemento por satisfacción extraprocesual (anulación, novas liquidacións e compensación do 13-12-2012).

c) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 345/12 P.A. Demandante: D. LUIS FRAIZ CASANOVA. Obxecto: Resolución do 24-10-2012 ( en reposición). Sanción de tráfico (Expte.: 128658008) Estima parcialmente o recurso reducindo a sanción a 50 €.

d) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo RC-A nº 36/2011 P.O. Demandante: Dª MARÍA FRANCO REAL. Obxecto: Resolución do 11-4-2011 (en reposición). Reclamación patrimonial, caída o 9-8-2009 (Expte.: 2505/243). Desestimado o recurso.

e) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 4/2013 P.A. Demandante: D. JAIME C. SANJUÁS FERNÁNDEZ. Obxecto: Resolución do 22-10-2012: EP e imputación ao contratista. Reclamación patrimonial, caída na vía pública o 1-2-2010 (obras na vía pública). Desestimado o recurso.

f) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 145/2011 P.O. Demandante: Dª ANA DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ. Obxecto: Resolución do 28-6-2011. Reclamación patrimonial por caída na vía pública o 10-6-2009, rúa en obras (Expte.: 2543/243). Desestimado o recurso.

g) Sentenza Xulgado de 1ª Instancia nº 10 de Vigo, Procedemento Ordinario nº 351/2012 (civil). Demandante: D. Modesto Comesaña Alonso e outro. Obxecto: Acción reivindicatoria. Sobre Ramal 3 do Camiño de Fontescura. Candeán (Expte.: 17327/240 e 17241/240). Estimada a demanda.

h) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 237/12 P.O. Demandante: D. JOSÉ M. BALADRÓN GROBAS. Obxecto: Resolución 26-4-2012. Reclamación patrimonial por accidente moto o 15-10-2009 (cartel na vía pública -Expte.: 3063/243) Desestimado o recurso.

i) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 13/2013 P.A. Demandante: HERTZ ESPAÑA, S.L. Obxecto: Sanción de tráfico, estacionamento en carga e descarga (Expte.: 118634512). Anulada a sanción, con custas de oficio.

k) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 18/2013 P.A. Demandante: D. ENRIQUE ÁLVAREZ SALGADO. Obxecto: Resolución do 31-5-2012, desestimatoria reclamación patrimonial (Expte.: 3742/243). Desestimado o recurso, con custas taxadas á actora.

l) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 17/2013 P.A. Demandante: GÉNESIS SEGUROS e outro. Obxecto: Resolución do 17.12.2012, reclamación patrimonial RP-A, accidente auto no túnel das Avenidas o 2.3.2011 (Expte.: 3502/243). Desestimado o recurso con custas taxadas á actora.

m) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 141/2009 p.o. Demandante: D. ALBERTO CARIDE GUISANDE. Obxecto: Resolución do 23/06/2009. Acometida de saneamento, servidume de acueducto (Expte.: 59016/250) Desestimado o recurso.


BENESTAR SOCIAL
5.- Prestación do Servizo de Axuda no fogar: alta expte. 05/1699, 0544/14, 990/24, 12/414.

6.- Bases reguladoras e convocatoria para a concesión das axudad do Programa de Bono-Taxi 2013 e proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e entidade bancaria para a xestión destas axudas. Expte. 81095/301.

CONTRATACIÓN
7.- Modificación da composición da Mesa de Contratación do Concello de Vigo. Expte. 4418/241.

8.- Declarar deserta a licitación de subministración de misturas bituminosas e emulsións asfálticas. Expte. 67503/250.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
9.- Subvención nominativa plurianual do Concello de Vigo á Fundación Laxeiro, para o cuatrienio 2013-2016. Expte. 255/341.

10.- Subvención nominativa do Concello de Vigo á Fundación MARCO, para o exercizo 2013. Expte. 275/341.

11.- Proxecto de convenio de colaboración do Concello de Vigo coa Federación de Bandas de Música populares de Vigo para a organización dos programas de 2013 "Vigo, un mar de bandas" e "Aulas de Música nas Bandas". Expte. 5000/335.

12.- Proxecto de convenio de colaboración do Concello de Vigo coa Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" (FAVEC) para a organización do Programa "Move Vigo 2013". Expte. 5006/335.

DEPORTES
13.- Anteproxecto de explotación para o contrato de xestión de Servizos Públicos con execución de obra a traves da modalidade de concesión para o novo Centro deportivo municipal de Navia. Expte. 12032/333.

14.- Proxecto de convenio entre a Concellería de Deportes e o C.D. Xuvenil de Teis pola actividade do seu equipo de elite na tempada deportiva 2012-2013. Expte. 12012/333.

15.- Proxecto de convenio entre o Concello de vigo e a Entidade Sárdoma C.F. para o desenvolvemento do Proxecto de actividade do equipo de élite da entidade, tempada 2012-2013. Expte. 12011/333.

16.- Proposta de autorización para organizar o Cross Escolar Colexio Monterrey o día 14.04.13. Expte. 11996/333.

17.- Proposta de autorización para organizar a I Carrera Solidaria Entreculturas o día 28.04.13. Expte. 11937/333.

18.- Proposta de autorización para organizar a I Raid Cumios do Mauxo o día 13.04.13. Expte. 12038/333.

EMPREGO
19.- Proposta de modificación de postos a contratar aprobados no Convenio de colaboración coa Asociación Gallega de Emprendedores dentro do Marco do Plan Municipal de Emprego de 2012. Expte. 9110/77.

FOMENTO
20.- Validación das actuacións da obra "Modificación de obra de mellora da rede de saneamento no entronque entre a rúa Tomás Alonso e a rúa López Mora". Expte. 2302/443.

IGUALDADE
21.- Proxecto de convenio de colaboración entre a Asociación de Mulleres Dorna e o Concello de Vigo para o mantemento do "Punto Informa" e a realización dun taller de creatividade literaria para mulleres durante o ano 2013. Expte. 5858/224.

22.- Proxecto de convenio de colaboración entre a "Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo" e o Concello de Vigo para o apoio ao mantemento da Rede de Mediadoras durante o ano 2013. Expte. 5856/224.

MEDIO AMBIENTE
23.- Proxecto de organización e execución da actividade de sensibilización e educación medioambiental "As concas fluviais da Serra do Galiñeiro" dentro do Programa municipal camiño a camiño. Expte. 9304/306.

RECURSOS HUMANOS
24.- Gastos de locomoción do persoal municipal, outubro 2012-febreiro 2013. Expte. 23966/220.

SEGURIDADE E MOBILIDADE
25.- Indemnización substitutiva por importe de 24.974,67 € a favor de INTERPARKING HISPANIA S.A. polos servizos de apoio á xestión do aparcamento da Praza de Portugal e refacturación de gastos, novembro 2012. Expte. 85078/210.

26.- Indemnización substitutiva por importe de 28.233,92 € a favor de INTERPARKING HISPANIA S.A. polos servizos de apoio á xestión do aparcamento da Praza de Portugal e refacturación de gastos, decembro 2012. Expte. 85084/210.

VIAS E OBRAS
27.- Devolución de fianza por obras de canalización na rúa Urzáiz. Expte. 67954/250.

28.- Devolución de fianza por obras de canalización na rúa Lepanto confluencia con Urzáiz. Expte. 67955/250.

29.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 2 de abril de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 27 de marzo de 2013.
me.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.