Técnicos forestais ratifican o bo estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso
O alcalde avanzou hoxe martes que técnicos forestais que revisaron o estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso auguran alomenos outros cen anos de vida para esta árbore, coñedidos os resultados da tomografía que se lle acaba de practicar. Caballero anunciou que o Concello vai prantar gallos deste exemplar no vivieiro do Castro para, máis adiante, plantalos en zonas emblemáticas da cidade.
O olivo do Paseo de Alfonso terá "fillos" en distintas zonas da cidade, segundo avanzou hoxe martes o rexedor logo dunha visita esta árbore de casi 200 anos de vida. Os técnicos forestais que practiraron unha nova tomografía para controlar o estado de conservación do exemplar, ratificaron que está igual que hai un ano, ao tempo que auguraron alomenos outros cen anos de vida.
Caballero, acompañado na visita polo concelleiro de Parques, Angel Rivas, explicou que vanse prantar gallos do olivo no viveiro de o Castro que, unha vez listos, se prantarán en distintas zonas emblemáticas da cidade para que "dentro de cen anos non haxa un único olivo na cidade", argumentou.
Durante a rolda de prensa, avanzou, a súa vez, que durante a gala de Vigueses Distinguidos de mañá mércores, cada galardonado recibirá un gallo que lle foi retirado o ano pasado ao olivo e enviado a tratar a Córdoba, ademais da tradicional reproducción da escultura do Bicentenario.
Descargar todas as imaxes