Urbanismo inicia o planeamento do ámbito de Liñeiriños para o complexo comercial de Cabral
O alcalde e a concelleira de Urbanismo pasaron revista hoxe luns ao proxecto de área comercial en Cabral que impulsa Eurofund. Durante o encontro que mantiveron con responsables deste grupo inversor europeo, ratificouse a implicación do Goberno local na dirección do proceso para a posta en marcha desta importante actuación urbanística para a cidade.
Abel Caballero e Carmela Silva mantiveron hoxe luns un encontro con responsables de Eurofund, o grupo inversor europeo que impulsa un complexo de ocio e comercio no ámbito de Liñeiriños, en Cabral. Desde o Goberno local comparten cos promotores a importancia do proxecto tendo en conta que, nun momento de crise absouta como a actual, Vigo recibe unha iniciativa desta envergadura, mentres que no resto de cidades españolas e europeas apenas se rexistran investimentos.
Durante a reunión, delimitouse con precisión que será o Goberno local o que dirixa o proceso, puntualizando que desde Urbanismo xa se fixeron os trámites que permiten iniciar o planeamento do ámbito pola vía da iniciativa pública. Ao mesmo tempo, a empresa vai entrar en conctaco cos Gobernos autonómicos e central a efectos dos permisos e de deseñar os accesos á zona.
O rexedor cualifica esta actuación, que vai ao ritmo previsto, "como un gran proxecto para Vigo", pola súa incidencia positiva sobre o comercio local.
Descargar todas as imaxes