Escoitar

Caballero eloxia a programación da "gran festa" da Reconquista 2013, que se celebra o 6 e 7 de abril

O alcalde de Vigo presentou este venres a programación da festa da Reconquista, que se celebrará os próximos 6 e 7 de abril. Máis de 30 grupos animarán nas dúas xornadas as rúas do Casco Vello, que acollerán a representación teatral da Reconquista o domingo, as 18 horas.

venres, 22 mar 2013
1363956597reconquista.JPG
A programación inclúe de forma complementaria á tradicional celebración tres exposicións en distintos puntos da cidade. A primeira está xa aberta ao público na lonxa do Concello de Vigo, unha mostra que se pechará o 8 de abril e recolle os carteis presentados ao concurso para ilustrar a festa deste ano.

A segunda exposición inaugúrase este venres na Casa Galega da Cultura, e tamén pechará as súas portas o 8 de abril, baixo o título "1809: o papel do home e da muller". A terceira leva por nome "Estampas de Galicia: Colección de bonecas de Carmen Costas" e poderá ser visitada desde o próximo luns, 25 de marzo, ata o 7 de abril.

Abel Caballero referiuse á da Reconquista como unha "gran festa, cidadá, lúdica e histórica, na que o pobo se volve actor", e salientou a cooperación das administracións coa organización, impulsada desde a Asociación Veciñal do Casco Vello, á quen o alcalde felicitou. A Reconquista mostra "unha parte enteira do que é Vigo" e avogou por facer desta "unha das grandes festas de Galicia e de España".

Os organizadores indicaron que "difícil sería" levar adiante unha programación como ésta sen "a colaboración económica deste Concello", a máis importante dos 90.000 euros de orzamento total, seguida pola propia da entidade veciñal. Censuraron igualmente que este ano, e despois de varias conversas, a Xunta de Galicia non fai achega algunha á Reconquista de Vigo.

PROGRAMACIÓN
Sábado 6 de abril
-10:00 h Apertura do mercado
-13:00 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (Praza da Constitución)
-18:00 h Inauguración da festa (Praza do Berbés)
-18:15 h Representación da destitución da corporación da Vila de Vigo (Praza do Berbés)
-19:00 h Demostración de esgrima antiga (Praza do Berbés)
-19:30 h Actuación de Os Quinquilláns-Teatro (Praza da Constitución)
-21:30 h Concerto dos Terribles de Donas. (Praza do Berbés)
-23:00 h Peche do mercado

Domingo 7 de abril
-10:00 h Apertura do mercado
-12:00 h Demostración de esgrima antiga (Praza do Berbés)
-18:00 h Representación Teatral da reconquista da Vila de Vigo, na Porta do Sol.
-21:00 h Concerto de Mel de Meiga. (Praza do Berbés)
-23:00 h Peche do mercado
Descargar todas as imaxes

Máis información