mércores, 20 mar 2013
O alcalde deu a coñecer unha sentenza do 28 de febreiro do TSXG que destestima o recurso interposto contra o PXOM polo Colectivo de Propietarios Afectados de San Pedro de Sárdoma, a Asociacion de Afectados pola Ronda e a Asociación de Propietarios e Veciños de Santa Lucía. O Tribunal desmoronou, en verbas do rexedor, todas a cada unha das alegacións dos demandantes.
mércores, 20 mar 2013
O alcalde asistiu este mércores á posta en marcha da fonte de Rosalía de Castro, que conta cun novo deseño máis eficiente e chamativo, con tecnoloxía led, control de luces e dinamismo nos chorros de auga. A mellora supuxo un custe de 40.000 euros para o Concello
mércores, 20 mar 2013
O alcalde eloxiou a "xenialidade" dos dous autores polo que animou aos vigueses a presenciar este sábado, ás 21 horas no Auditorio municipal do Concello, a "Música Ligera" de Lomba e Manquiña, que interpretan a "un artista... e un manager". As entradas á venda por 12 euros.
mércores, 20 mar 2013
A Biblioteca Municipal "Xosé Neira Vilas", sita na rúa Martínez Garrido 21, presenta a súa programación de primavera, para o período abril-xuño, que inclúe unha serie de actividades diversas, dirixidas a todos os públicos, e onde destacan as actividades adicadas a Rosalía de Castro, con motivo do 150º aniversario da edición de "Cantares Gallegos": unha exposición de diferentes portadas de publicacións que neste século e medio se fixeron da obra da escritora; actividade "Rosalía, unha meniña" para nenas e nenos maiores de 7 anos, con motivo do Día do Libro infantil, o 2 de abril; obradoiro de hip-hop, con motivo do Día do Libro, o 23 de abril; e "Ola ríos, ola fontes", actividade para nenas e nenos a partir dos 3 anos.
mércores, 20 mar 2013
As Xornadas ten como obxectivos fomentar e impulsar o emprendemento feminino, potenciar o desenvolvemento de habilidades directivas e comerciais e visibilizar experiencias e vivencias de mulleres emprendedoras.<br />
<br />