Caballero destaca a presenza de Vigo nun proxecto europeo de eficiencia enerxética
O alcalde acudiu este martes ao colexio Párroco Don Camilo, un dos tres centros vigueses participantes nesta iniciativa -vencellada ás Smart Cities- que ten como obxectivo reducir un 20% o gasto enerxético. O proxecto desenvólvese en Vigo e en Nantes e as conclusións do experimento serán distribuidas en Europa.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este martes ao colexio Párroco Don Camilo, centro que participa nun proxecto europeo de FAIMEVI, a Axencia Municipal de Enerxía, xunto con catro entidades francesas, para sensibilizar sobre a eficiencia enerxética e reducir o consumo.
Cun importe total dun millón de euros, dos que 200.000 proceden da Axencia presidida polo alcalde, esta iniciativa se implementa desde 2011 en distintos centros de Vigo e Nantes (Francia) coa finalidade de implicar ao profesorado e alumnado no aforro de enerxía eléctrica, térmica e de auga.
En Vigo participan o colexios Párroco Don Camilo, Mosteiro Bembrive e Sárdoma-Moledo, ademais do VERBUM e de dous centros deportivos dependentes da Universidade de Vigo. Nestes recintos se instalaron sensores e ordenadores para monitorizar o consumo enerxético, coa participación activa de alumnos e mestres para tratar de reducir o gasto nun 20%. Nunha competición de carácter simbólico, sen gañadores nin perdedores, cruzaranse os rexistros obtidos polos edificios franceses e vigueses.
Os colexios participantes neste proxecto vencellado ás Smart Cities -cidades intelixentes- reciben material didáctico, no caso do Párroco Don Camilo, un encerado dixital. En setembro, ao remate do proxecto, elaboraranse unhas conclusións, recomendacións e medidas a implementar que serán distribuidos en Europa.
Abel Caballero salientou que, con proxectos como este, Vigo está "na vangarda do modelo de cidades intelixentes" e felicitou ao concelleiro de Fomento, David Regades, e ao xerente de FAIMEVI pola súa "extraordinaria capacidade" de ubicar a Vigo con "presenza europea" en materia de eficiencia.
Descargar todas as imaxes