Escoitar

Caballero garante aos pais e nais de alumnos que o Concello asumirá o recorte da Xunta nas bolsas de comedor

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión cos responsables da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, aos que lles asegurou que o goberno local asumirá en Vigo a disminución do 40% das bolsas de comedor da Xunta de Galicia.

luns, 18 mar 2013
1363624397foanpas.JPG
O alcalde explicou que o Concello de Vigo ten cubertas "todas as solicitudes" de bolsa de comedor escolar que cumpre cos requisitos de renda estipulados, beneficiando a preto de 4.000 familias cun investimento no 2012 de 1,4 millóns de euros que, en 2013, ascende aos case 1,7 millóns de euros.

Segundo revelou Caballero, os pais e nais de alumnos amosaron a súa "indignación" coa nova extensión do copago nos comedores por parte da Xunta de Galicia, na práctica, un recorte do 40% na gratuidade das achegas. O alcalde garantiu que "non haberá un só neno ou nena" en Vigo que quede sen a súa bolsa de comedor nin que teña que levar a comida da casa cun "tupper".

Abel Caballero definiu de "gravidade extrema" as medidas de carácter social e educativo adoptadas recentemente pola Xunta de Galicia en plena crise, chamou aos alcaldes a "levantar a voz" e defendeu o modelo de Vigo, que procura "redistribuir" os recursos para favorecer aos que menos teñen.
Descargar todas as imaxes