martes, 19 marzo 2013

VIII Festival Coral de Música Sacra

martes, 19 mar 2013

Este mércores, 20 de marzo, comeza a oita edición do Festival Coral de Música Sacra, organizado pola Asociación de Corais polifónicas de Vigo (ACOPOVI), en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas. O festival contará cun total de trece concertos en diversos espazos da cidade e ata o 30 de marzo.

Nova sesión dos "Cafés Literarios"

martes, 19 mar 2013

Victoria Quivén comentará o libro " Diario de una buena vecina"" de Doris Lessing durante a sesión dos "Cafés Literarios" que terá lugar o mércores 20 de marzo de 18:00 a 20:00 horas no Centro de Documentación da rúa Joaquín Yáñez 6,2º andar. O club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas está formado por un grupo de persoas animadas polo gusto á lectura.