O Concello coopera co Cineclub Lumiére para a proxección de películas en versión orixinal
O Auditorio Municipal acollerá todos os luns do ano (a exepción de xullo e agosto) a exhibición unha película en versión orixinal. Un convenio asinado hoxe luns entre o alcalde e o responsable da entidade determina que o Concello aportará 13.500 euros, ademais da cesión do Audotorio Municipal.
O alcalde de Vigo asinou hoxe luns un convenio de colaboración co Cineclub Lumiére para a organización da programación e proxección de películas en versión orixinal. O Concello achega a cesión do Auditorio Municipal para as exhibicións e 13.500 euros, mentres que a entidade cultural asume a programación anual de filmes, ademais de facerse cargo das infraestruturas técnicas e humanas precisas. As proxeccións serán todos os luns do ano ás 20,30 horas, con excepción dos meses de xullo e agosto.
Cineclub Lumiére Vigo é a única entidade deste tipo que existe na provincia e unha das tres que funcionan no resto de Galicia.
Descargar todas as imaxes
Cineclub Lumiére Vigo é a única entidade deste tipo que existe na provincia e unha das tres que funcionan no resto de Galicia.