Escoitar

A Concellería de Igualdade informa das actividades que se realizarán no Centro de Documentación e Recursos Feministas <br />

venres, 15 mar 2013
► CICLO DE CHARLAS:

Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas
Entrevistas a catro mulleres que fixeron historia na cidade de Vigo

Martes, 2 de abril ás 19:00 h. Entrevista a Aurita González.
Presidenta da Asociación de Mulleres Dorna.

Martes, 16 de abril ás 19:00 h. Entrevista a Mary Quintero.
Fotógrafa profesional.

Martes, 14 de maio ás 19:00 h. Entrevista a Carmen Segurana.
Sindicalista e impulsora do Movemento Democrático de Mulleres en Galicia.

Martes, 28 de maio ás 19:00 h. Entrevista a Antía Cal.
Mestra e fundadora no 1961 da escola Rosalía de Castro de Vigo.


► FALADOIROS DE LIBROS:

Martes, 19 de marzo ás 19:00 h
Maruja Mallo: a pintura da nova muller. Nigratrea, 2010. Presenta Carlos L. Bernárdez.

Martes, 23 de abril ás 19:00 h.
Liberarse de las apariencias: género e imagen corporal. Pirámide,2011.
Presenta María Calado Otero

Martes, 7 de maio ás 19:00 h.
Regreso a "Cantares Gallegos": identidades e crítica feminista onte e hoxe.
Presenta María Reimóndez.


Dirixido a todas as persoas interesadas. Aforo limitado.
Lugar de realización:
Centro de Documentación e Recursos Feministas.
Biblioteca Pública Central. R/ Joaquín Yáñez 6, 2º andar .

Máis información na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do T. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00h ou a través da web: www.igualdadevigo.org."