luns, 11 mar 2013
O alcalde informou este luns da contratación deste servizo que atende a case 600 vigueses, un procedemento de urxencia por seis meses prorrogables mentres o goberno local ultima a tramitación para a adxudicación do mesmo por concurso público.
luns, 11 mar 2013
A finais de abril estará rematada a escola infantil Mestres Goldar, que ofrecerá 100 novas prazas para nenos e nenas da cidade. Deste xeito, prácticamente se duplica a oferta que existía en 2007 -de 300 prazas-, tendo en conta que este ano abriron as súas portas os centros municipais de Tomás Alonso e Casiano Martínez.
luns, 11 mar 2013
Segundo informou Caballero, e derivado dunha sentenza de 1993, o goberno local tivo que pagar dous millóns de euros por unha irregularidade urbanística no entorno da Seara. A administración local apelou o cálculo dos intereses impostos por excesivos e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle deu a razón.