mércores, 13 mar 2013
O goberno local vai asumir un "novo recorte da Xunta" en bolsas de comedor, unha rebaixa cifrada nun 40% e que se suma ao detrimento de 183.000 euros aplicado o curso pasado. Caballero avanzou que o Concello tamén asumirá este recorte "desalmado" xa que en Vigo ningún neno que o precise vai quedar sen axuda de comedor.
mércores, 13 mar 2013
Abel Caballero informou hoxe mércores do recurso de reposición presentado polo Concello contra as liquidacións da Autoridade Portuaria polas taxas de ocupación dos dous pasos inferiores de Beiramar. O Concello entende que o pago non ten obxecto legal pois os vehículos non pagan polo uso dos túneles.
mércores, 13 mar 2013
O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores que a Marcha Ciclista de UNICEF percorrerá as rúas de Vigo o próximo 19 de maio. Así o acordou durante un encontro que mantivo esta mañá con responsables do Comité Directivo da entidade.
mércores, 13 mar 2013
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este mércores co notario unha modificación dos estatutos da Fundación ProVigo que preside para adaptala á nova normativa vixente, un cambio "legal" de carácter meramente administrativo.
A Xunta de Goberno Local aprobou as normas para a adxudicación de prazas na sesión do 12 de marzo
mércores, 13 mar 2013
O período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás seis escolas infantís municipais comeza o 15 de marzo e remata o 15 de abril de 2013.