Escoitar

Caballero garante que o goberno local vai asumir o recorte do 40% en bolsas de comedor aprobado pola Xunta

O goberno local vai asumir un "novo recorte da Xunta" en bolsas de comedor, unha rebaixa cifrada nun 40% e que se suma ao detrimento de 183.000 euros aplicado o curso pasado. Caballero avanzou que o Concello tamén asumirá este recorte "desalmado" xa que en Vigo ningún neno que o precise vai quedar sen axuda de comedor.

mércores, 13 mar 2013
1363178090AC.jpg
O alcalde de Vigo censurou hoxe mércores a decisión da Xunta de Galicia de recortar nun 40% as bolsas de comedor, unha rebaixa que se suma aos 183.000 euros quo Goberno autonómico retirou desta partida o ano 2012. Como ocurriu nese momento, o alcalde garantíu asumir este "desalmado" recorte e reiterou o seu compromiso de que en Vigo non quedará ningún neno sen axuda de comedor. O número de escolares que se benefician na actualidade desta subvención municipal é de 4.000.
Descargar todas as imaxes