O Concello implica aos escolares na reprantación de 250 árbores na Avenida Castelao
O alcalde achegouse hoxe martes a Coia para participar na reprantación de 150 árbores entre a rúa Grove e Tomás Paredes, unha cifra que hai que sumar a outros 100 que se prantaron no treito comprendido entre a Praza de América e a rúa Grove hai un par de meses. O acto simbólico contou hoxe mércores coa colaboración de 800 alumnos de educación especial e primaria.
Acompañado de 800 escolares de Vigo, e polo concelleiro de Parques e Xardíns, Angel Rivas, o alcalde participou hoxe martes no acto simbólico de prantar unha árbore en Coia, logo de finalizar a segunda fase do proxecto de prantación na avenida Castelao. Nunha primeira tanda, colocáronse 100 unidades entre a Praza de América e a rúa O Grove, e na segunda, que ven de rematar, outras 150. Tal e como explicou as distintas especies elexidas refrexan a idiosincrasia das comunidades arbóreas presentes en Galicia, polo que cada unha terá flor e color nun momento do ano diferente.
Deste xeito, engadiu, repoñense tres unidades por cada chopo que tivo que ser talado por motivos de seguridade. Durante a comparecencia, o rexedor lembrou que desde que chegou á Alcaldía pratáronse no centro da cidade 3.500 árbores.
Durante o acto, o alcalde agasallou a cada escolar cun camelio "para que aprendan a coidar as árbores como parte da educación medioambiental". Os alumnos procedían dos centros Don Bosco, Seis do Nadal, Celso Emilio Ferreiro, Virxe do Rocío e San Francisco.
Descargar todas as imaxes