Escoitar

Últimos días para inscribirse no obradoiro de "xénero e igualdae de oportunidades"

A Concellería de Igualdade oferta o obradoiro de carácter gratuíto "Xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade" que terá lugar o xoves e venres na Casa das Mulleres.

martes, 12 mar 2013
Este obradoiro ten como obxectivo o de visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas así como reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

Contidos:
- As manifestacións de desigualdade de xénero na vida cotiá.
- O sistema de relación sexo-xénero. A socialización diferenciada.
- A división sexual do traballo.
- A perspectiva de xénero como instrumento de análise e marco de intervención.
- A violencia de xénero.

Impartirase na Casa das Mulleres o xoves día 14 e o venres día 15 de 18:30 a 21:30 horas, cunha duración total de 6 horas .

A formadora encargada de impartir os contidos será a Psicóloga Rosa Faraldo Rivas.

As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, a través do T. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h ou ben contestando a este mismo correo electrónico. Máis información: www.igualdadevigo.org.