O Concello recibe 700.000 euros da reclamación por intereses mal cobrados na indemnización Paiva Parada
Segundo informou Caballero, e derivado dunha sentenza de 1993, o goberno local tivo que pagar dous millóns de euros por unha irregularidade urbanística no entorno da Seara. A administración local apelou o cálculo dos intereses impostos por excesivos e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle deu a razón.
O xuzgado do Contencioso ven de ingresar ao Concello de Vigo preto de 700.000 euros do pago da indemnización do ámbito Paiva Parada Seara por entender que non ten que pagar os intereses, tal e como defendía a administración local na súa apelación. Esta decisión xudicial, avalada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procede dunha sentenza de 1993 que obrigaba ao Concello a pagar dous millóns de euros por decisións urbanísticas de gobernos anteriores "que nós tivemos que normalizar", apuntou o rexedor, facendo fincapé en que "son herdanzas urbanísticas" dos seus precedesores no cargo.