O goberno de Vigo aproba o proxecto para liberar e revalorizar a muralla do Castro
O alcalde informou hoxe venres da decisión municipal de aprobar o proxecto para derrubar o antigo restaurante "El Castillo", no Monte do Castro, para liberar e revalorizar a fortaleza. No exterior, o Concello procederá ao axardinamento dos espazos hoxe ocupados polo establecemento de hostalería.
O importe deste proxecto ascenderá a 240.000 euros e, segundo explicou Abel Caballero, suporá o derrubo do restaurante anexo á fortaleza do Castro, declarada Ben de Interese Cultural. A situación actual do inmoble, erixido na década dos 50, é de ruina.
O texto propón o derrubamento completo da totalidade da edificación existente e da terraza exterior, a desmontaxe da varanda existente no perímetro do recinto amurallado inferior así como todos os elementos construtivos engadidos á muralla que non forman parte da construción orixinal.
O derrubamento realizarase de "arriba a abaixo", tal e como explicou Caballero, e cun sistema de protección da muralla. O proxecto de urbanización exterior inclúe o axardinamento nos dous accesos laterais e na superficie que agora ocupa o edificio e un camiño de jabre que conecte a escaleira de acceso á parte superior do recinto amurallado co Paseo Rosalía de Castro.