luns, 4 marzo 2013

Maratón de tweets pola igualdade do 4 ó 8 de marzo

luns, 4 mar 2013

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade de Vigo convocan o Maratón de tweets pola Igualdade de xénero #VigoIguala. Esta iniciativa trata de aproveitar a forza actual das redes sociais, neste caso o twitter, na loita contra as desigualdades de xénero e agardase que teña unha boa aceptación e unha ampla resposta social.<br />