Escoitar

Feira, a mostra da artesanía viguesa e a ecoloxía será unha verbena

O sábado 2 de marzo haberá no Casco Vello unha nova edición de FEIRA, o mercado de produtos tradicionais integrado no programa COMERCIO A RÚA. Esta iniciativa xorde da colaboración entre o Concello de Vigo, a Asociación de Comerciantes Vigo Vello e a Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio (SGDCP), coa participación da Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos APEGA.

venres, 1 mar 2013
1362146967feira.jpg
Como ata agora, FEIRA un mercado ao aire libre de carácter mensual, porá á disposición da cidadanía produtos de calidade ecolóxicos e con denominación de orixe. Poñer en valor a nosa artesanía e recuperar a vella tradición dos mercados ao aire libre do Casco Vello é o obxectivo desta iniciativa cultural.

O horario de inverno do mercado será ininterropido de 10.00 a 19.00 h e ademais de exposición e venda de produtos durante todo o sábado haberá actividades vinculadas á gastronomía e á artesanía.

Como nas edicións anteriores, na Praza da Pedra e arredores ubicaranse os expositores procedentes de toda Galicia, entre os que destaca a ampla selección de artesáns e agricultores de Vigo e comarca.

CARÁCTER DE VERBENA

Nesta edición quere potenciarse a singularidade da FEIRA como un punto de encontro e lugar de lecer coa programación de actividades variadas durante todo o día como actuacións musicais, unha ruta gastronómica, degustacións obradoiros e conferencias

DEGUSTACIÓNS E MÚSICA

Ás 12.00 h haberá unha degustación de queixos da denominación de orixe Arzúa-Ullóa producidos nas queixerías Daniel Torres de A Estrada.
Pola tarde, as 17.30 a Asociación de Produtores ecolóxicos APEGA organiza unha merenda con infusións ecolóxicas variadas, galletas e manteigas de hervas aromáticas. Gloria Domeq explicará aos participantes as características e propiedades de todos os produtos.

En virtude do convenio suscrito co Concello de Vigo, a famosa Banda de Música de Cabral realizará unha actuación musical na FEIRA ás 13.00 h

OBRADOIROS E CONFERENCIAS

Ás 17.00 h a artista Chus Láuzara realizará un obradoiro de pintura especialmente dirixido a nenos e avós no que se potenciarán os elementos que os unen dentro da familia.

Nesta ocasión as conferencias terán un planteamento práctico: Avelina Santiso falará de como distinguir e coidar os Tecidos naturais como lana, alpaca, angora, seda e algodón e os responsables da Horta ecolóxica Tirabeque do proceso de crear unha horta ecolóxica.

RUTA GASTRONÓMICA

Por primeira vez FEIRA conta coa complicidade dos locais do contorno para realizar unha ruta gastronómica na que están a Abadesa, a Pita Tola, Cabernet, Ecogloria, La Mari, La Colegiala, e o Pulpeiro do Carballiño que se instala no centro da praza.

Cada un dos locais realiza pratos especiais a prezos reducidos con motivo da FEIRA:

- Abadesa Grelos Salteados, Salchichas ao whisky e champiñóns ao allo
- A pita tola- quesadillas de pisto e crepe de tetilla con grelos
- Cabernet- COFTA en KEBAB (albóndiga de terneira en dúas salsas)
- La Colegiala- Callos
- La Mari- Empanadillas especiais FEIRA

O catering ecolóxico Ecogloria, de Gloria Domeq traerá - Tortas de avea, empanadillas, tartaletas, hamburguesas vexetais, e postres variados con ingredientes 100% orgánicos. A presencia do Pulpeiro do Carballiño dará carácter de verbena á nosa festa gastronómica.

Coma sempre, nos seus postos os produtores ecolóxicos realizarán degustación dos produtos a venda para dar a coñecer as características deste tipo de alimentación e a importancia de consumir alimentos de temporada cultivados no contorno, os que mellor se adecúan as necesidades
Está aberta a selección de participantes para os vindeiros meses a través dunha convocatoria na web www.patrimoniodegalicia.org, a páxina oficial da Sociedade Galega para a Difusión e Conservación do Patrimonio.
Descargar todas as imaxes