Escoitar

Caballero reitera a implicación do Goberno local co Marco na inauguración da exposición HUM de Massimo Bartolini

Abel Caballero presentou este venres no Marco a "magnífica" exposición Hum, que volve situar a esta cidade na vangarda da cultura internacional. A mostra está comisariada por Anna Cestelli Guidi e producida pola Fondazione Musica per Roma.

venres, 1 mar 2013
1362051721marco.jpg
Abel Caballero aproveitou a presentación da "magnífica" exposición Hum para reiterar o compromiso do Goberno municipal co Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Felicitou a organizadores e responsables porque esta mostra é "especialmente relevante" xa que demostra que a actividade do Marco segue adiante a pesar "de que temos máis obstáculos que apoios". Puxo en valor o esfozo do Concello de Vigo por seguir apoiando estas actividades na cidade nun momento no que o resto das administracións están a recortar en cultura, "sempre a primeira vítima das crises".
Hum, de Mássimo Bartolini, é unha mostra comisariada por Anna Cestelli e producida pola Fundazione Música per Rom, nun contexto dun programa adicado ao arte sonoro. O son ten xogado sempre un importante papel no traballo de Massimo Bartolini, que na exposición HUM rende homenaxe a unha das personalidades máis xeniais e visionarias do século XX, Glenn Gould (1932-1982). As dúas instalacións de Bartolini están construídas en torno a dúas obras de Gould: as vocalizacións ou tarareos do músico canadiense durante a segunda gravación das Variacións Goldberg de Bach; e o texto radiofónico The Idea of North, un programa de entrevistas producido por Gould sobre o concepto xeográfico —e filosófico— do norte.


A través de dúas novas pezas sonoras, baseadas na idea da gravación e adaptadas ás salas do primeiro andar do MARCO, Bartolini transforma o espazo expositivo de forma sorprendente e inesperada, creando unha atmosfera de íntima beleza animada soamente pola presenza incorpórea da voz do barítono Nicholas Isherwood: unha voz sen corpo que, desprotexida do ego da presenza do artista, atopa agora o seu último significado na interpretación da audiencia. Unha performance creada especificamente para a exposición rende homenaxe a Gould mediante a lectura da novela El malogrado, que Thomas Bernhard lle dedicou tras a súa morte. O conxunto complétase, durante a inauguración, con Phonology of noise: the voice ás sound object, retransmisión en vivo dende a web de Radical Matters - Editions/Label series, que inclúe unha selección de obras de artistas que experimentaron coa voz dende finais dos anos setenta. Esta gravación estará dispoñible a partir de entón na Biblioteca-Centro de documentación.

A exposición estará aberta ao público ata o 19 de maio.
1362051721marco.jpg
1362153086marco.jpg
Descargar todas as imaxes