O Concello realiza unha terapia asistida con cadelas en dez asociacións sociais
O alcalde mantivo hoxe xoves unha reunión coas dez asociacións beneficiarias en 2013 deste programa do Plan Saúde, un proxecto levado adiante por profesionais que emprega a cadelas como terapia para persoas, por exemplo, con alzheimer ou hiperactividade.
O alcalde valorou o "enorme éxito" que está a ter esta iniciativa, financiada integramente polo Concello de Vigo con 18.000 euros. O obxectivo é promover o benestar das persoas que interactúan coas cadelas.
Para 2013 serán dez as entidades nas que traballarán as cadelas, todas con carácter social, como Alento, FOANPAS, APAMP, ASPAVI, AVEMPO, FEAFES, AFAGA, Anhida, Aspanaex e DOA, asociacións que traballan con persoas con parálise cerebral ou con escleriose múltiple, por exemplo.
Descargar todas as imaxes