Caballero asegura o seu apoio ao Celta indoor, "un gran espectáculo" que volve ás Travesas este venres fronte ao Málaga
O Real Club Celta indoor volve á competición nacional este venres (20:45 horas) na súa pista habitual, o pavillón central das Travesas. O conxunto vigués medirase ao Málaga no inicio dunha competición con dez equipos distribuídos en dous grupos
O alcalde de Vigo presentou hoxe o partido Celta-Málaga de fútbol indoor, co que se abre a sexta edición deste campionato nacional. Para Caballero, é esta "unha actividade deportiva de máxima emoción e calidade". Ademais, chanceou cos derbis galegos tamén nesta categoría: "Normalmente o que me gusta é xogar contra o Deportivo e gañarlle", dixo, preguntando a data dese encontro, que se xogará o 15 de marzo na Coruña, o mesmo día do derbi galego de 1ª División.
Xunto ao rexidor municipal asistiron á presentación o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e representantes de Diesemm, axencia que organiza o evento, e do equipo (Marcos Álvarez, Moncho Carnero, Xeonllo, Waldo ou Sánchez). Carnero, que continúa á fronte do equipo, pediu o apoio da afección e comprometeuse a que "daremos todo o que temos" para gañar. O Celta alcanzou as semifinais o ano pasado, sendo derrotado a partido único polo Madrid, logo campión. Os seus rivais no grupo 1, Deportivo, Oporto, Valladolid e Málaga, xa xogaron en anteriores edicións contra os celestes, tendo perdido xa o Málaga por 9-3 ante o Celta en O Porriño.
O primeiro edil non quixo concluír a roda de prensa sen transmitir "o noso apoio ao proxecto" e lembrar que "este deporte gózase moito e vívese a fondo". O Celta quere alcanzar os cuartos de final, que serán a partido único e nun sorteo sen cabezas de serie. No grupo 2 desta liga de fútbol indoor atópanse Real Madrid, Barcelona, Valencia, Atlético de Madrid e Espanyol.
O prezo da entrada será de 2 euros (menores de 12 anos, gratis) e a organización agradeceu o apoio das ONG Médicos do Mundo, Igualarte e Juan Soñador para a promoción do evento. As entradas pódense adquirir en Diesemm (Gran Vía, 13), tendas do Celta, Federación de Peñas do Celta e taquilla o día do partido.
A organización previu actos paralelos coa disputa da copa infantil Whopper League, para nenos e nenas de 12 a 14 anos e que xogarán desde as 16:00 ás 19:00 horas Balaídos, Coruxo, Santa Mariña e El Olivo. Ademais, haberá sorteo de balóns e cheques agasallo de Decathlon
Descargar todas as imaxes