Escoitar

O goberno local exporá en primavera o proceso de rehabilitación do Casco Vello de Vigo

Segundo informou Abel Caballero, o Concello prepara para a primavera unha mostra sobre actuacións de rehabilitación e urbanización dos cascos históricos de Vigo e elaborará, xunto ao Colexio de Arquitectos, un libro de arquitectura urbana do Casco Vello vigués.

martes, 26 feb 2013
O obxectivo do Concello de Vigo é amosar a evolución do Casco Vello vigués antes de comezar a rehabilitación e agora, ademais das previsións de mellora para os próximos anos.

Trátase, segundo o alcalde, de pór en valor a "humanización" das zonas históricas de Vigo, resaltando o feito pola administración de cara á súa recuperación e proxectos como a remodelación do Mercado do Berbés.

O libro de arquitectura urbana do Casco Vello, que será elaborado en colaboración co Colexio de Arquitectos, reflictirá a evolución histórica dos elementos con valor cultural, como monumentos ou edificios singulares.