O Concello pecha 2012 con 6,8 millóns de superávit e unha débeda 8 puntos inferior á de 2006
A concelleira de Economía e Facenda, Raquel Díaz, presentou este luns no Pleno da Corporación a liquidación do orzamento municipal de 2012, un ano de "máis investimento, menos débeda e menos presión fiscal". A débeda do Concello queda no 24,9%, polos 33,03% do ano 2006.
Raquel Díaz recordou que o orzamento do Concello para 2012 presentaban como compromiso a redución da presión fiscal, a creación de emprego, un maior "esforzo" en política social e educativa e manter as contas saneadas. Segundo expuxo, o goberno local rebaixou a carga impositiva sobre a cidadanía coa conxelación de distintas tarifas e a implementación de bonificacións e adicou 33 millóns a investimentos para a creación de 3.800 postos de traballo, cun balance final de "máis investimento, menos débeda e menos presión fiscal" para a cidadanía viguesa.
O pasado 2012 péchase con 6,8 millóns de superávit, do Concello en xeral e de cada un dos catro organismos autónomos municipais (Xerencia de Urbanismo, VigoZoo, IMD e a Escola Municipal de Artes e Oficios). Díaz explicou que o aforro neto ascende a 30,4 millóns, os remanentes quedan en 89 millóns -polos 47,9 de 2006-, e a Tesourería municipal rexistra 96,6 millóns.
A débeda total do Concello de Vigo é de 55,9 millóns de euros, por enriba dos 10 millóns menos que hai seis anos; porcentualmente, o debe municipal sitúase no 24,9% no 2012 cando no 2006 estaba no 33,03%. En referencia ao periodo medio de pagos, sitúase en 38,18 días (a lei fixa 40 días) fronte aos 50,57 días de media que había no 2006.