mércores, 27 feb 2013
O Real Club Celta indoor volve á competición nacional este venres (20:45 horas) na súa pista habitual, o pavillón central das Travesas. O conxunto vigués medirase ao Málaga no inicio dunha competición con dez equipos distribuídos en dous grupos
mércores, 27 feb 2013
No campus universitario de Vigo terá lugar un recital de Cantares Gallegos o xoves ás 20.30 horas; e o venres, 1 de marzo,ás 11.00 h o Centro Cultural de Valadares acolle un certame escolar de Regueifas. Estes actos forman parte da programación do Concello con motivo do Día de Rosalía.
mércores, 27 feb 2013
Stage Entertainment presenta por primeira vez en España a xira nacional do musical de Disney "La Bella y la Bestia" con un reparto excepcional encabezado por Ignasi Vidal no papel de Bestia, Talía del Val como Bela, Raúl Peña interpretando a Lefou e Daniel Diges dando vida a Gastón.A estrea en Vigo terá lugar o vindeiro 3 de maio, no Auditorio Mar de Vigo, ás 20,30h. As entradas atópanse xa á venda en Servinova dende 37€.