Escoitar

Vigo é a primeira cidade galega que acolle Cinema Passion, unha exposición itinerante da época dourada do cine

Abel Caballero participou hoxe mércores na inauguración de Cinema Passion, unha exposición itinerante da época dorada do cine que se poderá visitar ata o 28 de marzo na rúa Eduardo Iglesias, 20. Na súa intervención, felicitou ao comisario, Mario Uriaga, e aos organizadores, a Asociación de Comerciantes Zona Centro e Mercado de O Progreso e animou á toda cidanía a visitar esta "emocionante" mostra.

mércores, 27 feb 2013
1361969407cine.jpg
Cinema Passion, unha exposición itinerante que repasa a época doradao do cine, poderá visitarse ata o próximo 28 de marzo na rúa Eduardo Iglesias, número 20. Organizada pola Asociación de Comerciantes Zona Centro e o Mercado de O Progreso, Cinema Passion recolle máis de 300 elementos orixinais, distribuidos en distintas seccións: cinema mudo, drama, aventuras, cinema negro, musical ou comedia.

Durante a inauguración, Caballero felicitou "con entusiasmo" ao comisario, Mario Uriaga, e aos organizadores por esta "emocionante" iniciativa, ideal para todos os públicos, porque é unha mostra "especial na que cada visitante vai revivir parte da súa vida". Animou a todo Vigo a visitala porque "o cine ocupa unha parte central da cultura".

Cinema Passion recolle elementos decorativos da época como atrezzo, autógrafos, butacas, focos, bobinas de cine, películas ou claquetas, ademais de incluír un guiño á Vigo con pezas e lembranzas da antiga Sala Fraga. Tal e como avanzou o comisario, xa existen negociacións con Francia, Italia e Portugal para exhibir esta mostra.
Descargar todas as imaxes