Escoitar

O Concello aproba unha subvención de 1.040.000 euros para o deporte de base e de élite

O Goberno municipal ven de aprobar unha subvención de 440.500 euros para financiar clubes de élite da cidade, unha partida á que se suman 600.000 euros para axudar ao deporte de base. Durante a rolda de prensa, Caballero destacou o feito de que nesta época de crise, cando outras administracións recortan ata o 50% nas achegas ao deporte, Vigo mantén a mesma aportación.

martes, 26 feb 2013
1361886411deporte.jpg
O Goberno municipal aportará 440.500 euros para os clubes de élite, o que supón manter a mesma cuantía que o ano pasado. Concretamente, explicou o rexedor, xa foron aprobados na Xunta de Goberno o acordo coa Federación de Peñas Recreativas El Olivo, cun importe de 20.000 euros; co C.D. Bosco, 67.500 euros; co Coruxo F.C, 50.000 euros; co Club Vigo Voleibol, 40.000 euros; e a S.D. Octavio en base, con 90.000 euros.

O resto dos convenios, en tramitación, distribúense do seguinte xeito: Club atletismo F. Celta: 20.000 euros; R.Celta Atletismo: 20.000 euros; Amfiv: 35.000 euros; Traviesas Hockey Club: 20.000 euros; Vigo Rugby: 30.000 euros; Xuvenil de Teis: 20.000 euros; Club Halcones Vigo: 18.000 euros e, por último, Sárdoma C. F.: 10.000 euros.

A esta cuantía hai que engadir, segundo recoñeceu, outros 600.000 euros destiñados ao deporte de base da cidade. En total, concretou o rexedor, o Concello ven de aprobar apoios a entidades deportivas da cidade por valor de 1.040.000 euros, o que supón manter a mesma aportación que o ano pasado, a pesar da crise e mentres que outras administracións están a recortar esta partida ata nun 50%. "Atrévome a dicir, engadiu, que somos o único concello de España que no recorta".
Descargar todas as imaxes