Escoitar

Consello Municipal da Muller distingue a Carmen Segurana co Premio Ernestina Otero

O Consello Municipal da Muller, na sesión celebrada o día 27 de febreiro de 2013 acordou distinguir a Carmen Segurana co Premio Ernestina Otero, que se otorgará no transcurso dunha cea no Hotel Coia o venres 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Tamén acordou apoiar a manifestación contra o desmantelemento da Sanidade Pública e difundir un comunicado de repulsa contra as manifestacións de Toni Cantó.

xoves, 28 feb 2013
O Consello Municipal de Muller acordou apoiar a manifestación contra o desmantelemento da Sanidade Pública que, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e a Xunta de Persoal do SERGAS da Área Sanitaria de Vigo, teñen convocada para o xoves 14 de marzo, ás 20 h desde a Praza de España. Tamén acordou difundir un comunicado de repulsa contra as manifestacións de Toni Cantó, diputado da UpyD esixindo a retirada da súa acta de deputado e responsabilidades á presidencia de dito partido por seguir permitindo a súa permanencia na Comisión de Igualdade, onde ostenta a portavocía de UpyD.

O comunicado é o seguinte:

"O Consello Municipal da Muller de Vigo quere manifestar a sua total repulsa as declaración feitas polo diputado da UPyD Toni Cantó nas que afirmaba a través das redes sociais que a maioría das denuncias das mulleres por violencia machista eran falsas.

Dende diferentes organizacións de mulleres veñen esixindo a dimisión inmediata de Cantó, por entender que coas suas declaración insultou as mulleres víctimas da violencia machista, "acusándoas de cometer un delito, como é presentar denuncias falsas".

O Consello Municipal da Muller de Vigo quere manifestar, que Toni Cantó non pode seguir ni un día mais como diputado, porque o Congreso debe ser un espacio de apoio as vitimas , onde se lexisle no seu favor e para sua protección.

Esiximos que se lle retire a sua acta de diputado porque alguen que atenta contra os dereitos das mulleres non pode representar a cidadania en xeral e as mulleres en particular .É un feito moi grave e intolerabel e denota unha actitude machista que perxudica seriamente a Igualdade.
En nome de todas as muleres que están a sufrir violencia machista, das que foron asesinadas pedimos a sua dimisión como diputado e por suposto que sexa expulsado da Comisión de Igualdade onde ostenta a portavocia de UPyD.

Como Consello Municipal da Muller pensamos que con declaracións e actitudes por él manifestadas desprecia toda a loita levada dende fai moitos anos polo conxunto das organización de mulleres e está a ser cómplice do terrorismo machista e a da violencia de xenero que esta a provocar numeroso asasinatos de mulleres.

O Consello Municipal da Muller esixe que a presidencia de UPyD asuma a súa responsabilidade en relación a estes graves feitos, toda vez que de non actuar será responsable directa, como colaboradora necesaria, das futuras actuaciones deste individuo, que constitúen unha clara exhaltación do terrorismo machista".