Escoitar

O goberno local repara o céspede do campo de fútbol das Travesas e continuará co de Samil

Abel Caballero revisou este xoves co edil de Deportes, Manel Fernández, os traballos de reparación e mellora do campo de fútbol das Travesas, onde o Concello inviste 12.000 euros. O Concello planea "nun futuro cercano" substituir todo o céspede artificial e continuará coas reformas no campo de fútbol de Samil.

xoves, 28 feb 2013
1362068887futbol.JPG
O Concello de Vigo inviste máis de 12.000 euros para reparar e mellorar o céspede artificial do campo de fútbol das Travesas para "poñelo nun estado de utilización axeitado".

Segundo informou Caballero, o terreo de xogo ten 13 anos de vida e precisaba dunha mellora e, "nun futuro cercano", o goberno local substituirá todo o céspede. O Concello pretende levar estas melloras a outras instalacións deportivas da cidade, comezando co campo de fútbol de Samil.
Descargar todas as imaxes