Escoitar

O Concello reabre os pavillóns de Balaídos tras garantirse a seguridade dos usuarios

O alcalde, Abel Caballero, informou este venres da decisión de reabrir os pavillóns situados nos baixos do estadio, tras retirarse 500 quilos de cascotes de formigón que representaban risco de desprendemento. Os técnicos avalan a seguridade do recinto.

venres, 1 mar 2013
O alcalde explicou que a empresa contratada para inspeccionar e acometer os traballos necesarios para garantir a seguridade entregou a última hora de onte o seu informe. O mesmo indica que os operarios retiraron 500 quilos de cascotes que presentaban algún risco de caída co que xa "non existe ningún risco de que a estrutura solte máis aló de pequenas pezas de cemento", que a doble cuberta soportaría sen problemas.

Caballero indicou que os problemas rexistrados responden a máis de trinta anos sen realizar por parte da administración local ningún mantemento no estadio de Balaídos, e apuntou que a seguridade do gradería do estadio é "total e absoluta".