Escoitar

O Festival Alternativo de Artes Escénicas Alt arranca o 7 de marzo co apoio municipal

O próximo 7 de marzo arranca en Vigo o Festival Alternativo de Artes Escénicas Alt. Durante catro días distintos espazos municipais albergarán o programa dun certame consolidado na cidade e ao que o Concello apoia con 20.000 euros e a cesión do Auditorio Municipal, a Casa das Artes, o Marco e a Casa de Arines.

venres, 1 mar 2013
1362143180alt13.JPG
O Auditorio Municipal, a Casa das Artes, o Marco e a Casa de Arines son os espazos nos que este ano cobrará vida o Festival Alternativo de Artes Escénicas ALT, 13. Así o avanzaron hoxe venres o rexedor e a directora artística Lola Correa, durante a rolda de prensa de presentación do programa. O alcalde animou a toda a cidadanía a achegarse ao certame, que o Concello ven apoiando desde o ano 2002 e que este ano recibe 20.000 euros, ademáis da cesión dos espazos.

O veterano festival, que se desenvolverá entre o 7 e o 10 de marzo baixo a organización da Asociación Cultural Noescafé Teatro, conta coa participación da Escola Municipal de Teatro, que interpretarán "Manipulación", ademais doutros artistas galegos, alemáns, holandeses ou canarios. Segundo explicou Lola Correa, tamén contará coa terceira edición de mulleres creadores, patrocinado pola unidad de Igualdade da Universidade de Vigo. As entradas son a 5 euros, un prezo asequible para que toda a cidade se anime a acudir, explica a directora artística.
Descargar todas as imaxes