Urbanismo autoriza o inicio dos trámites para construir 70 vivendas en Samil, o 40% protexidas
O alcalde informou hoxe venres desta decisión, tras a celebración do Consello semanal da Xerencia municipal de Urbanismo. Abel Caballero salientou que "unha das grandes zonas de Vigo", como é este ámbito de Samil, reserve o 40% da nova vivenda para pisos asequibles.
O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo deu conta hoxe venres da autorización concedida a promotores privados para iniciar os trámites de desenvolvemento dun ámbito de 15.700 metros cadrados en Samil, terreos situados entre o Verbum e a Avenida de Europa.
Segundo informou esta mañá Abel Caballero, o Concello de Vigo valida o inicio da tramitación deste ámbito, de iniciativa privada, nos que está previsto edificar 70 vivendas, coa obriga de reservar para protección oficial o 40% das mesmas, tal e como estipula a normativa aprobada polo Concello no seu Plan Xeral.
A superficie total de actuación ascende a 15.686 metros cadrados, que incluirán 2.500 para espazo comercial, 657 para equipamentos e 1.722 máis para zonas verdes. O ámbito reservará 48 prazas de estacionamento.
Caballero ve con esta medida un "gran desenvolvemento" para a cidade, en primeira liña de praia de Samil, "unha das grandes zonas de Vigo", salientando tamén a reserva do 40% de vivenda para protección oficial.
Outros acordos
Na reunión deste venres da Xerencia de Urbanismo acordouse dar luz verde á adxudicación do concurso para o alleamento de parcelas de solo municipal para a construción de vivendas protexidas, neste caso para terreos na Praza Elíptica e en Villalaura. O alcalde fai "unha valoración excepcional" desta medida, pois converte a Vigo en "cidade hospitalaria coa xente con menos capacidade económica", nun "Vigo igual para todos".
Urbanismo tamén recibe a urbanización da Unidade de Execución de Regueiro -do que forma parte o edificio MiraCíes, en Pintor Colmeiro-, para posterior ratificación na Xunta de Goberno Local. Caballero amosouse "moi satisfeito" do resultado da urbanización, que permitirá abrir ao tráfico "o antes posible" o Camiño do Regueiro. Durante esta semana, o goberno local concedeu 29 licenzas de obra e 9 de actividade para un investimento total de 714.000 euros.