Escoitar

Volta Galiexpo Motor Show, en abril, grazas ao apoio do Concello e como referente para Galicia e o norte de Portugal

O Concello de Vigo será patrocinador principal do Galiexpo Motor Show, un evento do motor que retorna dous anos despois e que se celebrará no Ifevi do 12 ao 14 de abril.

venres, 1 mar 2013
1362142864galiexpo.jpg
Nesta sétima edición, a organización, personalizada en Joaquín Portabales, asegurou que tras "estar fóra de pista dous anos", volve con forza agora, "grazas ao apoio do Concello e adaptado ás circunstancias económicas actuais", cunha exposición na que se verán clásicos, vehículos de rallye, coches americanos ou tuning, ademais de motos. Haberá noutro dos pavillóns do Ifevi unha zona para espectáculos con coches derrapando (o drifting) e tamén actuacións musicais.

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, asegurou que esta sétima edición pretende "ilusionar" e que é "outra aposta do Concello para o goce da cidadanía".

A fin de que sexa un evento para as familias, a organización puxo unha entrada asequible: 5 euros e entrada gratuíta para os nenos e nenas ata 10 anos. De feito, o público infantil terá unha zona específica.

Nesta edición repetirase a aposta pola náutica deportiva e así haberá tamén exposición dese sector, diversificando a oferta de Galiexpo.
Descargar todas as imaxes