O alcalde aposta por feiras como Vigourmet para potenciar a gastronomía da cidade
Abel Caballero participou hoxe luns na presentación de <i>Vigourmet</i>, unha feira que xurde para axudar a "que Vigo ocupe o lugar que merece pola súa capacidade e calidade no mundo da gastronomía". Esta mostra arracancará o venres 8 no Auditorio Mar de Vigo con 25 expositores.
O venres 8 de marzo arranca no Auditorio do Mar Vigourmet, unha feira gastronómica que reunirá durante toda a fin de semana aos principais representantes do mundo da restauración e da hostelería. Durante a presentación, Abel Caballero abogou por este tipo de eventos porque axudan a "facer posible que Vigo ocupe o lugar que merece pola súa capacidade e calidade no mundo da gastronomía". Esta primeira edición de Vigourmet constará de 25 expositores en 2.000 metros cadrados e contará con figuras como Rafa Centeno, restaurante Maruja Limón (estrella Michelín de Vigo); Xoán Cannas, enólogo de Pepe Vieira, entre outros.
Esta mostra incluirá charlas-coloquio sobre a pesca como fonte de riqueza en Galicia; gastronomía atlántica, viños galegos, alimentación para persoas con diabetes, mercados.... Tamén se organizarán obradoiros demostrativos sobre a cociña do mar, tapas como novos formatos de restauración. O programa contará cun espazo para a gastronomía e e comunicación cun encontro de blogueros, catas de cerveza e obradoiros para nenos durante toda a fin de semana.
Os horarios para o público en xeral será de 12,00 a 23,00 horas de, venres o sábado, mentres que o domingo rematará as 18,00 horas. A entrada para os profesionais ás 10,00 horas.
Descargar todas as imaxes