martes, 5 mar 2013
O alcalde, Abel Caballero, visitou este martes este vial, xa aberto unha vez o goberno local aprobou o pasado venres a recepción oficial dos terreos urbanizados. O rexedor salientou que esta "nova humanización na cidade" forma parte do "planteamento global" de mellorar "todo Vigo".
martes, 5 mar 2013
O Pavillón Municipal de As Travesas acollerá entre os 5, 6 e 7 de abril a Copa de España Patinaxe Show. O alcalde e o presidente do Club Coruxo FC asinaron hoxe martes o convenio para a organización un "gran" evento no que xa hai inscritos 900 deportistas e seis hoteis reservados ao completo.
martes, 5 mar 2013
A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Oficina Municipal do Voluntariado, comeza as visitas guiadas á exposición temporal titulada "Mesa de traballo. Ensamblaxe e colaxe en Galicia", que se pode visitar ata o 28 de abril. Artistas participantes: Colin Baldwin, Misha Bies Golas, Luis Bueno, Tono Carbajo, Samuel Castro, María Chenut, Rosendo Cid, Santiago Mayo, Rosa Úbeda, Xosé Carlos Barros, Miguel Mosquera, Pablo Orza, Pelucas, Enrique Saavedra, Teo Soriano