Escoitar

O Concello coopera coa Copa de España Patinaxe Show que xa ten inscritos 900 deportistas

O Pavillón Municipal de As Travesas acollerá entre os 5, 6 e 7 de abril a Copa de España Patinaxe Show. O alcalde e o presidente do Club Coruxo FC asinaron hoxe martes o convenio para a organización un "gran" evento no que xa hai inscritos 900 deportistas e seis hoteis reservados ao completo.

martes, 5 mar 2013
1362487946coruxo.JPG
Os próximos 5, 6 e 7 de abril o Pavillón Municipal de As Travesas albergará aos mellores deportistas de España sobre patíns. Tal e como explicou o rexedor, a Copa de España de Patinaxe trátase dun evento "gran" deportivo de primeiro nivel que xa conta con 900 inscritos de todo o país e que nestes momentos xa supón na cidade a ocupación de 6 hoteis. Caballero asinou esta mañá un convenio con Gustavo Falque, presidente do Club Coruxo FC de Vigo polo que o Concello aporta ás instalacións, a megafonía, a electricidade ou o marcador. Caballero avanzou que tamén se organizará a Copa Concello de Vigo, para os máis pequenos e rematou felicitando ao Club Coruxo pola súa labor porque en "patinaxe Vigo é unha autoridade en España".
Descargar todas as imaxes