Videoforum sobre "Clara Campoamor" da rede de mulleres contra os malos tratos
"Clara Campoamor. La mujer olvidada" da directora Laura Mañá exhibese o martes, 5 de marzo ás 18.00h no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo e dentro do programa de actividades da Concellería de Igualdade de Vigo.
SINOPSE: No ano 1931, en España proclámase a Segunda República. Neste contexto, as mulleres son elixibles pero non poden votar. Clara Campoamor e Victoria Kent son as primeiras mulleres deputadas que pisan as cortes e consideran moi firmemente loitar polos dereitos da muller. Clara Campoamor sabe que iso pasa por unha primeira e gran conquista: o voto feminino. A partir deste momento, a súa loita non é nada fácil. Moi pronto atopa o seu primeiro obstáculo: os seus propios compañeiros de partido, republicanos, de esquerdas, temen que as mulleres voten influenciadas pola igrexa e, por iso, á dereita, así que danlle as costas. Ese argumento xeneralízase e fai que Clara Campoamor vaia quedando soa no parlamento na súa defensa do sufraxio universal. Despois dunha loita constante, e despois de múltiples traizóns, o 1 de decembro de 1931, Campoamor consegue o seu obxectivo: o voto para a muller.
Descargar todas as imaxes