Escoitar

O goberno local abre o Camiño do Regueiro tras ter recepcionada a urbanización da zona

O alcalde, Abel Caballero, visitou este martes este vial, xa aberto unha vez o goberno local aprobou o pasado venres a recepción oficial dos terreos urbanizados. O rexedor salientou que esta "nova humanización na cidade" forma parte do "planteamento global" de mellorar "todo Vigo".

martes, 5 mar 2013
1362487990regueiro.JPG
Abel Caballero visitou este martes o Camiño do Regueiro, que foi aberto unha vez o Consello da Xerencia municipal de Urbanismo e a Xunta de Goberno Local deron luz verde o pasado venres á recepción oficial da urbanización da zona.

A propiedade privada da urbanización da Unidade de Execución de Regueiro -no que está incluído o edificio MiraCíes, á altura de Pintor Colmeiro- terá que encargarse da conservación destes espazos, que foron mellorados de acordo á humanización realizada polo Concello en Pintor Colmeiro. O alcalde asegurou que é "unha nova humanización da cidade" dentro do "planteamento global" de renovar "todo Vigo".
Descargar todas as imaxes