Escoitar

O alcalde di que a Cidade Deportiva do Celta marcará a futuro do deporte vigués durante o século XXI

Como un "hito na historia de Vigo", así definiu o alcalde o proxecto da nova Cidade Deportiva do Celta que se prevé construir en Valadares e que o próximo venres 15 arrancará na Xerencia de Urbanismo. A presentación desta iniciativa reuniu hoxe xoves no Concello ao rexedor, a concelleira de Urbanismo, así como ao presidente do Celta, Carlos Mouriño e outros responsables da entidade deportiva.

xoves, 7 mar 2013
1362732743celta.JPG
A Xerencia de Urbanismo incoará o expediente para iniciar o planeamento na zona de Costa Valadares para construir a futura Cidade deportiva do Celta. Así o avanzou a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, durante a presentación dos detalles técnicos dun proxecto urbanístico que se desenvolverá nun ámbito de 591.056 metros cadrados e unha superficie edificable de 297.960 metros cadrados. O alcalde de Vigo cualificou o proxecto "como un hito importante en Vigo", lembrando que xa se está a traballar para que este desenvolvemento non se retrase e "poidamos contar cunha nova cidade deportiva no corazón da cidade". Asegurou que a iniciativa está "chea de soños e ambicións" e que vai "marcar o futuro do deporte durante o século XXI". Respecto da ubicación, sinalou que Valladares é o "mellor sitio da cidade" porque está perfectamente comunicado desde calquera punto de Vigo. Durante a presentación pública, acompañado pola concelleira de Urbanismo e os responsables do Celta, resaltou que Vigo e o Celta volver a estar xuntos nun "gran proxecto sen parada".


Logo dun encontro entre o rexedor, a concelleira, a xerente de Urbanismo, o presidente e vicepresidente do Celta, Silva detallou que respecto do solo, o PXOM recolle un uso global dotacional, cun 20% de uso terciario xeral asociado, un 5% para uso terciario hoteleiro e un uso compatible residencial nun máxiimo do 5% no que se podería construir unha residencia para deportistas. Explicou que o PXOM contempla a posibilidade de definir desenvolver este planeamento por fases polo que, en primeiro lugar, traballarase sobre eses 297.960 metros cadrados nos que se prevén: dez campos de fútbol, un centro de alto rendemento, un pavillón deportivo, entre outras. Silva afirmou que os prazos previstos oscilan entre 20 e 24 meses "pero intentaremos que sexa o antes posible". Explicou que o planeamento é iniciativa pública, por expropiación que, nun primer momento, limitarse a ese primeira fase. "Tivemos un exquisito coidado con que non afectara a ningunha vivendas", ao tempo que agradeceu a colaboración dos veciños neste aspecto. Finalizou reiterando a "grande accesibilidade da zona, con conectividade total con todos os puntos de Vigo", argumentou.
Descargar todas as imaxes