Escoitar

Caballero ve "positiva" a proposta dos autónomos de realizar unha feira en Vigo

O alcalde mantivo este mércores unha reunión coa Federación de Autónomos de Galicia, entidade que estuda Vigo como sede dunha feira no mes de abril do próximo ano, posiblemente a celebrarse cada ano. Abel Caballero indicou que hai "moitas posibilidades" de que se celebre na cidade.

xoves, 7 mar 2013
1362732722autonomos.JPG
A Federación, en verbas do alcalde, entende que Vigo é o "lugar óptimo" para a celebración desta gran feira dos autónomos galegos, que tería lugar no mes de abril de 2014 e nacería con vocación de realizarse anualmente.

A valoración de Caballero é "positiva" e axudaría a "consolidar" Vigo como cidade de congresos e eventos, polo que o goberno que preside estudará a fondo a proposta. Explicou o alcalde que, xunto á parte expositiva, a feira tería unha zona institucional coa presenza do Concello de Vigo e outras administracións.
Descargar todas as imaxes