O Concello cooperará para que Vigo acolla unha reunión de arquitectos de universidades chinesas
Abel Caballero recibiu hoxe mércores esta proposta do arquitecto Jesús Irisarri, que encabeza o equipo que valora organizar en Vigo unha reunión de arquitectos -procedentes de universidades chinesas- sobre proxectos relacionados co entorno. O alcalde aseguroulle "apoio total" do goberno local de ser viable a iniciativa.
O rexedor vigués estima que esta cita sería unha "forma de abrir Vigo á globalización no ámbito da arquitectura e das universidades", polo que Abel Caballero avogou por traballar co equipo de Irisarri.
Descargar todas as imaxes