O goberno local extrema a transparencia nas obras contratadas a cargo do Plan de Investimentos de Aqualia
O goberno local ven de aprobar unhas normas nas que se aglutinan o protocolo que debe seguir Aqualia na adxudicación das obras do Plan de Investimentos, dotado con 20 millóns de euros. Trátase, dixo o rexedor, de que a concesionaria contrate coa mesma transperencia que se fora unha administración pública.
O alcalde deu conta hoxe venres da aprobación da ordenación do procedemento de contratación a seguir nas obras do Plan de Investimentos de Aqualia, dotado con 20 millóns de euros. Segundo explicou, no documento aprobado explicítanse as pautas que ten que seguir ese plan "porque queremos claridade total e que todo se faga de acordo coa legalidade". Aglutínanse e compleméntanse normas que, no sucesivo, deben observarse na adxudicación das obras de investimento de Aqualia.
Tal e como establecen as normas de execución deste plan, Aqualia deberá elaborar un proxecto técnico de cada obra que enviará á Xunta de Goberno local para ser aprobado. A partir de aí, a concesionaria contrata os traballos, coa obrigatoriedade de facilitar todos os datos áo órgano de goberno municipal. Concluída a obra, Aqualia derá solicitar que a Xunta de Goberno Local recepcione a obra e que autorice a recepción da mesma.
O alcalde precisou que por primeira vez introdúcese de xeito oficial a obrigatoriedade de que Aqualia cumpra os principios de transparencia e publicidade no caso de concurrir no supostos da lei 31/2007 de Procedementos de Contratación nos sectores de Auga, Enerxía e Transporstes e os servizos postais. En verbas do rexedor, estas normas suporán que Aqualia contrate coa máxima transparencia, como se dunha administración pública se tratara.
Centros Cívicos
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a contratación do servizo de portería, control de acceso e información ao público nos centros cívicos municipais. Deuse luz verde á apertura de licitación por catro anos e dous de prórroga, cun importe total de 699.627 euros, en anualidades de 2013 a 2017. O expediente esixe que haxa alomenos 1 persoa en cada centro, un coordinador que xestionará actividades como o banco do tempo que, a súa vez, será interlocutor coa administración e fará un seguimento de demanda/oferta de cursos.
O goberno local, asimesmo, revisou hoxe os prexos do contrato de retirada, inmobilizado, depósito, xestión e cobramento de vehículos indebidamente estacionados na vía pública ao detectarse que a empresa concesionaria cobrou, a data 31 de decembro, 1.939.805,86 euros máis que dos que lle correspondía, lo que, segundo explicou o rexedor, aprobouse solicitar a devolución íntegra desas cantidades ao Concello.