O Concello pon en marcha o Vigo Emprega, que xerará 210 postos de traballo este ano
210 persoas traballarán este ano durante seis meses ao amparo do programa de emprego municipal Vigo Emprega. Así o explicou o alcalde hoxe venres, logo da Xunta de Goberno local na que se aprobaron as bases deste plan, dotado cun 1,5 millóns de euros, para atender a persoas con especiais dificultades de inserción laboral.
A Xunta de Goberno local deu luz verde hoxe venrres ás bases de selección de persoas candidatas e beneficiarias do programa Vigo Emprega, nas categorías de capataz, oficial e peón. Trátase, dixo o rexedor en rolda de prensa, dunha iniciativa de formación e inserción laboral para persoas con especiais dificultades de inserción laboral. Cun orzamento de 1,5 millóns de euros, habilitaránse 210 postos de traballo, en dúas tandas de seis meses.
A selección realizarase en colaboración co Servicio Galego de Colaboración baixo criterios que atenden á maior dificultade de empregabilidade: mulleres, parados de larga duración, persoas dos dicapacidade e, ademais, establécense franxas de idade prioritarias: entre 18 e 25 anos; entre 25 e 45 anos e maiores de 45 anos. Outros dos requisitos é estar empadroado en Vigo desde hai un ano e non haber traballado para o Concello nos dous últimos anos.
Este programa de emprego foi un dos que permitiu ao Concello o ano pasado xerar 3.800 de traballo (directos e indirectos). O orzamento para este ano é de 5,5 millóns de euros, e asinaránse convenios en materia de emprego por valor de 2,8 millóns, un 17% máis que o ano pasado. O investimento será de 16 millóns de euros.
Rosalía de Castro
Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local, é a proposta de modificación da pranta do aparcamento da rúa Rosalía de Castro. Tal como explicou Caballero, requírese á concesionaria a reanudación, no prazo dun mes, da construcción do aparcadoiro de residentes anexo ao parking de uso mixto de Rosalía de Castro. Advertiu de que haberá apercibimientos de imposición de penalidades en caso de incumplimiento.