O goberno de Vigo asumirá os arranxos dos nichos privados de Teis para garantir a súa estabilidade
O alcalde anunciou este martes que será o Concello de Vigo o que asuma o arranxo dos nichos en mal estado do cemiterio de Teis para evitar o seu derrubo, pese a ser de titularidade privada. A situación crea "alarma e preocupación", o número de afectados é "elevado", polo tanto o goberno local acometerá a obra.
Abel Caballero explicou que os nichos afectados foron construidos nos anos 50 por un promotor privado que, despois da adquisición do solo, os vendeu a particulares.
O mal estado dos mesmos, desde hai meses apuntalados polo Concello de Vigo por seguridade, xera "alarma e preocupación", en verbas do alcalde, que o goberno local quere evitar e "de forma inmediata" comezará cos trámites para levar adiante a obra de afianzamento, nun prazo estimado de dous meses.
Caballero indicou que o obxectivo da administración que preside é que "eliminemos a preocupación e a situación de precaridade na que se atopan estes nichos", polo tanto, e "sen ser a nosa responsabilidade nin da nosa propiedade", será o Concello o que supla aos privados e os arranxe, previa autorización destes. O rexedor apuntou que os particulares están advertidos desta cuestión desde o ano 2000.