O Concello recorre o pago de 150.000 euros polo uso dos túneles de Beiramar
Abel Caballero informou hoxe mércores do recurso de reposición presentado polo Concello contra as liquidacións da Autoridade Portuaria polas taxas de ocupación dos dous pasos inferiores de Beiramar. O Concello entende que o pago non ten obxecto legal pois os vehículos non pagan polo uso dos túneles.
O alcalde de Vigo anunciou este mércores un recurso de reposición contra as liquidacións -presentadas pola Autoridade Portuaria- polas taxas de ocupación dos túneles de Beiramar, por un importe total de 150.000 euros. Caballero explicou que existe unha norma que avala a posición municipal, pese ao que o Porto de Vigo rexeitou unha reclamación anterior presentada polo Concello.
En vista da negativa, o recurso de reposición indica que non é obrigado o pago pois, "de forma inequívoca", os túneles "son de tráfico de vehículos con carácter gratuito", non pagan nin os coches privados nin o tráfico pesado. Segundo revelou o alcalde, unha lei determina que, nestas condicións de uso, non se pode pagar taxas de ocupación.
O rexedor concluiu que "o Porto está recibindo 150.000 euros deste Concello aos que non ten ningún dereito", augurou que a Autoridade Portuaria seguirá na súa posición negativa á exención do pago e adiantou que, de ser así, a administración local acudirá aos tribunais "e perderán, como están perdendo todos os recursos que o Concello establece sobre o Porto".