IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións do imposto sobre Vehículos de tracción mecánica ano 2013 ata o 18 de marzo do presente ano.