Escoitar

Bases do II Festival Primavera do cine en Vigo

A Concellería de Cultura e Festas, dentro da súa política de apoio ás iniciativas do audiovisual galego, volve a colaborar coas agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións na segunda edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia. O festival desenvolverase entre o 29 de maio e o 2 de xuño.<br />

xoves, 14 mar 2013
1363260304cinevigo.jpg.jpg
Poderán optar á exhibición e participación en concurso as obras audiovisuais feitas en Galicia ou por galegos, dende os comezos do noso audiovisual. As seccións en competencia serán as seguintes:

Longametraxe (ficción, documental ou animación) maior a 30 min.

Curtametraxe (ficción, documental ou animación) menor de 30 min.

Videoclips.

Infantil.

Os materiais que se exhiban deberán ser en lingua galega, castelá ou ter subtítulos a unha de ambas linguas, e terán unha duración entre 30 segundos (mínimo) e 120 minutos (máximo). As producións deberán remitirse por correo electrónico ou correo postal antes das 00,00h do 12 de abril. A inscrición é de balde.
Descargar todas as imaxes

Máis información